reacción

< re- + acción
Pliral: reaccións
    1. s f FÍS Forza que, nun sistema físico, se opón á acción, responsable dun cambio do estado de repouso e movemento do sistema.
    2. s f SOCIOL/POLÍT Actitude progresista, renovadora ou incluso revolucionaria, diante dunha situación político-social, relixiosa ou artístico-cultural.
    3. reacción de dexeneración PAT Conxunto de modificacións electrofisiolóxicas determinadas por unha lesión das neuronas periféricas.
    4. reacción inmunolóxica/de adaptación PAT síndrome de adaptación.
  1. s f
    1. Acción ou cambio de algo ou alguén como resposta a un estímulo. Tm fig.
    2. MED Cambio que se produce no organismo debido a unha alteración no medio, á aplicación dun remedio ou a unha causa mórbida.
  2. s f Restablecemento da actividade normal despois de perdela.
    1. s f QUÍM Proceso mediante o que, unhas substancias, simples ou compostas, se transforman noutras.
    2. orde de reacción / QUÍM/FÍS Suma dos expoñentes dos termos de concentración que interveñen na expresión diferencial da velocidade dunha reacción.
    3. reacción de aglutinación MED Reacción específica caracterizada pola reunión en pilas ou aglomerados de bacterias, eritrocitos ou outros elementos corpusculares, en presenza do anticorpo homólogo.
    4. reacción de ennegrecemento/escurecemento / QUÍM/ALIM Conxunto de procesos que se producen en certos alimentos durante o tratamento tecnolóxico ou o condicionamento, e que teñen en común a formación final de melanoidinas, de cor parda ou negra, e a modificación do gusto e aroma.
    5. reacción de precipitación MED Reacción inmunolóxica pola que un antíxeno e un anticorpo solubles, ao se uniren, dan lugar a un precipitado insoluble visible.
    6. reacción en cadea da polimerase XEN Técnica da bioloxía molecular que consiste en obter millóns de copias dunha determinada secuencia de DNA que estaba en pequenas cantidades. OBS: Tamén se denomina PCR.
    7. reacción serolóxica MED serodiagnose.
    8. velocidade de reacción / QUÍM/FÍS ariación co tempo da concentración dun dos reactivos ou dos produtos que interveñen nunha reacción química.
  3. s f Mecanismo de propulsión en que unha mestura de gases sae expelida en dirección oposta á marcha.
  4. reacción de inducido ENX Fenómeno que consiste nunha alteración do fluxo magnético dunha máquina eléctrica, a causa dunha forza magnetomotriz producida pola corrente inducida.
  5. FÍS
    1. reacción en cadea Sucesión de procesos en que cada un deles se produce ao desenvolverse o anterior, e que ocorreu nunha situación crítica que cataliza o fenómeno.
    2. reacción nuclear Proceso físico que modifica a estrutura interna dun núcleo atómico ao incidir nel unha partícula ou radiación coa enerxía suficiente para vencer o campo electrostático que hai no contorno do núcleo. OBS: Tamén se denomina transmutación.