raposo -sa

Plural: raposos Masculino: raposo Masculino plural: raposos Feminino: raposa Feminino plural: raposas
  1. ANIMAL
    1. s Mamífero carnívoro, do xénero Vulpes, Alopex e Otocyon, da familia dos cánidos, de tamaño mediano.
    2. s Mamífero nocturno carnívoro, da familia dos cánidos, de pelame rubio, gris ou pardo, cabeza ancha, fociño apuntado, orellas grandes e triangulares e cola longa e densamente cuberta de pelame.
    3. raposo orelludo [Otocyon megalotis] Mamífero nocturno carnívoro, da familia dos cánidos, que presenta o pelame pardo amarelado, co fociño e os extremos das patas e o rabo negros.
  2. raposo do mar ANIMAL/ICT Peixe cartilaxinoso, da familia dos alópidos, que presenta o corpo cilíndrico, de cor cinsenta na parte dorsal e branca na ventral, co pedúnculo caudal delgado e sen quillas laterais, a cabeza pequena e o fociño arredondado e curto.
  3. adx Que obra con astucia para conseguir o que quere. Tm s.
  4. adx Que actúa de mala fe. Tm s.

Refráns

  • Cada raposo garda o seu rabo.
  • En marzo nazo, en abril estou no cubil, en maio xa saio, en san Xoán xa fuxo ao can, en santa Mariña xa pillo a galiña e en agosto xa son bo raposo.
  • En marzo nazo; en abril estou no cubil; en maio xa saio; en san Xoán xa fuxo ao can; na santa Mariña xa pillo a galiña e en agosto xa son bo raposo.
  • En san Xoán xa foxe o raposo ao can.
  • Pola santa Mariña, xa o raposo pilla a galiña.