sMamífero carnívoro, do xénero Vulpes,Alopex e Otocyon, da familia dos cánidos, de tamaño mediano.
sMamífero nocturno carnívoro, da familia dos cánidos, de pelame rubio, gris ou pardo, cabeza ancha, fociño apuntado, orellas grandes e triangulares e cola longa e densamente cuberta de pelame.
raposo orelludo [Otocyon megalotis]Mamífero nocturno carnívoro, da familia dos cánidos, que presenta o pelame pardo amarelado, co fociño e os extremos das patas e o rabo negros.
raposo do marANIMAL/ICTPeixe cartilaxinoso, da familia dos alópidos, que presenta o corpo cilíndrico, de cor cinsenta na parte dorsal e branca na ventral, co pedúnculo caudal delgado e sen quillas laterais, a cabeza pequena e o fociño arredondado e curto.
adxQue obra con astucia para conseguir o que quere. Tm s.
adxQue actúa de mala fe. Tm s.
Refranes
Cada raposo garda o seu rabo.
En marzo nazo, en abril estou no cubil, en maio xa saio, en san Xoán xa fuxo ao can, en santa Mariña xa pillo a galiña e en agosto xa son bo raposo.
En marzo nazo; en abril estou no cubil; en maio xa saio; en san Xoán xa fuxo ao can; na santa Mariña xa pillo a galiña e en agosto xa son bo raposo.