radiador

< radiar
Plural: radiadores
  1. s m TECNOL
    1. Aparato que se emprega para quentar o aire circundante facendo circular polo seu interior vapor ou auga quente.
    2. Aparato que se emprega para arrefriar unha substancia que pasa polo seu interior, ou que a rodea, xeralmente por medio de aire frío.
  2. radiador ideal FÍS Fonte luminosa teórica que cumpre que as condicións na zona visible do espectro emite cunha distribución de enerxías, segundo as lonxitudes de onda, igual á do corpo negro á mesma temperatura, e que nas outras zonas do espectro non emite ningunha radiación.
  3. radiador integral FÍS corpo negro.