radiación

< lat radiatiōne
Plural: radiacións
  1. s f Acción e efecto de radiar.
    1. s f FÍS Emisión e propagación de enerxía sen necesidade dun soporte material.
    2. s f FÍS Partícula elemental emitida polos núcleos radioactivos.
    3. radiación atmosférica / FÍS/METEOR Enerxía emitida en forma de radiación electromagnética pola atmosfera como consecuencia do seu quecemento.
    4. radiación contraria / AERON/METEOR Porción da radiación atmosférica que é devolta á Terra.
    5. radiación cósmica de fondo FÍS Radiación electromagnética proveniente de todas as direccións do espazo, resultado da superposición no espazo das emisións individualmente débiles de fontes que emiten principalmente nas bandas de radio e de raios X.
    6. radiación de freada FÍS bremsstrahlung.
    7. radiación efectiva / FÍS/METEOR Diferenza ou balance entre a radiación emitida pola superficie terrestre e a absorbida proveniente da atmosfera.
    8. radiación solar / FÍS/METEOR Enerxía emitida polo Sol en forma de radiación electromagnética constituída por raios X, raios γ e raios ultravioletas.
    9. radiación terrestre / FÍS/METEOR Enerxía emitida pola superficie terrestre en forma de radiación electromagnética, xeralmente localizada na rexión dos raios infravermellos, como consecuencia do quecemento que experimenta a Terra pola absorción da radiación solar.
  2. s f MAT Conxunto de figuras xeométricas que teñen un punto común.
  3. radiación adaptativa BIOL Conxunto de procesos que deron lugar ás diferenzas entre os grandes grupos de organismos vivos.

Palabras veciñas