queda

< lat quiēta, de quiēre ‘descansar’
Plural: quedas
    1. s f Toque de campá, de máis de 20 badaladas, que se tocaba nas vilas fortificadas, ás nove da noite no inverno ou ás dez no verán e que era o sinal que indicaba a hora de retirarse á casa e o momento a partir do que ninguén podía saír á rúa sen causa xustificada.
    2. toque de queda BÉL Toque militar que, en estado de guerra ou asedio, prohibe á poboación civil a circulación polas rúas.
  1. s f pl XOGO Xogo infantil que consiste en que un dos xogadores ten que tocar a outro para que apande no seu lugar.
  2. s f pl XOGO Xogo infantil que consiste en que un dos xogadores debe atopar aos outros.

Sinónimos