quechua

Plural: quechuas
  1. adx Relativo ou pertencente ao pobo quechua ou á súa lingua.
  2. s ETN Individuo do pobo quechua.
  3. s m pl ETN Pobo amerindio, de raza andina, que vivía na rexión do alto Apurimac e de Urubamba (Perú) e que foron sometidos polos incas (1430). Actualmente viven en grupos illados nos altiplanos dos Andes.
  4. s m LING Lingua amerindia que falan os quechuas e que presenta diversos dialectos ou variedades.

Palabras veciñas