smSinal ou marca de pequeno tamaño na superficie de algo.
smLINGSigno de puntuación que indica unha pausa longa e, con ela, o sentido completo dunha oración.
smMÚSSigno de notación musical que aumenta a metade do valor dunha nota.
smMATSigno (.) que representa a multiplicación.
dous puntosLINGSigno de puntuación (:) que introduce unha explicación, unha consecuencia, unha enumeración ou unha cita.
punto e comaLINGSigno de puntuación (;) que indica unha pausa intermedia entre a da coma e a do punto.
puntos suspensivosLINGSigno de puntuación (...) que indica que o sentido dunha frase queda suspenso ou que unha enumeración queda incompleta.
smPosición determinada sobre unha superficie, liña, mapa ou lugar.
smLugar determinado onde se localiza algo.
smMATElemento do espazo que non ten extensión, só posición.
punto adherenteMATPunto x tal que, dado un conxunto A dun espazo topolóxico, calquera contorno de x contén algún punto de A.
punto cardinalXEOGCada un dos catro puntos que dividen o horizonte noutros tantos cuadrantes iguais, determinados pola posición do polo boreal (norte, N) e pola do Sol ao cruzar o meridiano (sur, S), ao saír (leste, L) e ao se pór (oeste, O ou W).
punto cegoANATRexión da retina do ollo pola que penetra o nervio óptico, e que non é apta para percibir os raios luminosos.
punto de acumulaciónMATPunto x que, dado un conxunto A dun espazo topolóxico, é adherente ao conxunto A-{x}.
punto de articulaciónLINGLugar onde se produce un contacto ou unha constrición entre dous órganos co fin de realizar unha emisión fonemática, segundo o que os sons fonemas se clasifican, principalmente, en bilabiais, labiodentais, dentais e velares.
punto de contactoMATPunto común a dúas curvas en que estas teñen a mesma tanxente.
punto de tanxenciaMATPunto común a unha curva e a unha recta que lle é tanxente ou ben a unha superficie e a un plano.
punto de vistaManeira de pensar ou xulgar.
punto materialFÍSIdealización dun corpo material, que se supón que ten toda a súa masa e todo o seu volume concentrados nunha posición do espazo de dimensións inapreciables, co fin de poder estudar o seu comportamento cun razoamento simplificado.
punto mortoTECNOLPosición da panca do cambio de marchas en que a árbore primaria non comunica movemento ningún á árbore secundaria.
smEstado preciso en que se atopa algo que sofre un proceso ou desenvolvemento.
smEstado que cómpre que alcance algo para ser como lle corresponde.
punto de neveALIMPunto en que a clara de ovo, ao ser batida, adquire máis volume e consistencia escumosa.
smFÍSalor que, nun sistema físico, toman un ou diversos parámetros que o caracterizan, nun estado perfectamente definido do sistema.
punto de ebuliciónFÍSTemperatura á que se produce a ebulición dun líquido.
punto de fusiónFÍSTemperatura á que, para unha presión determinada, unha substancia pasa do estado sólido ao líquido ou viceversa. OBS: Tamén se denomina puntodesolidificación.
punto triplo /FÍS/QUÍMEstado termodinámico dunha substancia, definido por unha presión e unha temperatura, en que están presentes simultaneamente as fases sólida, líquida e gasosa.
smAquilo que se toma como unidade nunha apreciación ou medida.
smGrao nunha escala.
smUnidade de cómputo dun exercicio, proba ou exame.
punto crítico /QUÍM/FÍSConxunto de valores de presión, volume específico e temperatura que presenta unha substancia material cando os volumes específicos das fases gasosa e líquida coinciden.
punto de marcescenciaBOTCantidade de auga que corresponde ao límite inferior da auga capilar absorbible polas raíces.
smCantidade mínima de algo.
sm
Puntada que se fai ao coser.
TÉXTLabor de tecido feito cun ou máis fíos que se cruzan ou se tecen, que orixina o elemento constitutivo dos tecidos, dos cosidos e dos traballos de media.
MEDAnaco de fío de materiais diversos que se utiliza para unir os tecidos e para impedir que unha ferida se abra.
smDor aguda que se sente no tórax ou no abdome.
smCuestión ou asunto que se vai tratar.
smSección ou apartado dun escrito ou asunto.
smGRÁFUnidade que se emprega en tipografía para medir e designar o corpo dunha letra, que equivale a 0,3759 mm.
punto de fugaARTEPunto de converxencia das representacións perspectivas, na liña do horizonte das rectas ou sistemas de rectas paralelas horizontais, que inciden co cadro ou plano de proxección.