< lat puncta, terminación femenina de punctu, p p de pungĕre ‘picar, punzar’
Plural:puntas
sf
Extremo agudo dunha cousa.
Extremo dunha cousa máis ou menos alongada.
Parte extrema ou avanzada de algo.
sfCravo pequeno.
sfPequena cantidade de algo.
sfXEOGBrazo de terra de pouca extensión que se adentra no mar.
sDEPXogador situado en posicións avanzadas e que xoga ao ataque.
adxQue destaca.
empresa puntaECONEmpresas ou sectores que constitúen a base da produción dos ingresos no proceso económico dunha nación ou nun sistema económico.
hora puntaHora de máxima intensidade no traballo ou de movemento.
punta secaARTEGravado calcográfico que se obtén por estampado, sobre papel, dunha prancha de cobre ou cinc gravada polo artista mediante unha punta afiada de aceiro.
punta de diamanteARTEAdorno tallado en pedra ou noutro material que ten a forma dunha pirámide de pequena altura.