pulsación

< lat pulsatĭōne
Plural: pulsacións
  1. s f Acción e efecto de pulsar.
  2. s f Cada un dos toques efectuados sobre as teclas dun teclado ou sobre as cordas dun instrumento.
  3. s f FISIOL Latexo do corazón e das arterias.
  4. s f FÍS Produto da frecuencia polo factor 2π nun fenómeno alterno sinusoidal. O seu valor exprésase mediante radiáns/segundo. OBS: Tamén se denomina frecuencia angular.

Sinónimos

Confrontacións

Palabras veciñas