pulso

< lat pulsu
Plural: pulsos
  1. FISIOL
    1. s m Expansión e contracción arterial que se pode percibir co dedo cando se palpa unha arteria superficial.
    2. pulso alternante Pulso caracterizado por unha pulsación normal seguida dunha débil.
    3. pulso bixémino Pulso caracterizado pola sucesión rápida de dúas pulsacións seguidas dunha pausa.
    4. pulso venoso Conxunto de pulsacións observadas nunha vea, especialmente na xugular externa.
  2. s m ANAT Parte da extremidade superior, entre o antebrazo e a man, que comprende a rexión do carpo.
  3. s m Seguridade ou firmeza da man ao facer os movementos necesarios para a execución de algo.
  4. s m Competición que se realiza entre dúas persoas que, collidas da man e cos cóbados apoiados nunha superficie, fan forza para ver quen deita o brazo do contrario.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Mantiveron un forte pulso nas votacións

Frases feitas

  • A pulso Facendo forza unicamente coas mans e os pulsos, sen apoiar os brazos.