sf plPLANTADivisión de plantas cormofíticas e arquegoniadas que presentan alternancia de xeracións, con predominio da fase diploide. O gametófito haploide, ou prótalo, é pequeno, taloso e de vida curta. O esporófito diploide ten a epiderme revestida dunha cutícula, e as súas células teñen cloroplastos.