pteridófito -ta

< pterido- + -fito
Pliral: pteridófitos Masculino: pteridófito Masculino plural: pteridófitos Femenino: pteridófita Femenino plural: pteridófitas
  1. adx Relativo ou pertencente ás pteridófitas.
  2. s f PLANTA Planta da división das pteridófitas.
  3. s f pl PLANTA División de plantas cormofíticas e arquegoniadas que presentan alternancia de xeracións, con predominio da fase diploide. O gametófito haploide, ou prótalo, é pequeno, taloso e de vida curta. O esporófito diploide ten a epiderme revestida dunha cutícula, e as súas células teñen cloroplastos.