prudencia

< lat prudentĭa
Plural: prudencias
  1. s f Calidade de prudente.
  2. s f Conduta cauta e moderada que trata de evitar os perigos.
  3. s f RELIX Unha das catro virtudes cardinais, na moral tradicional e na teoloxía, que consiste no discernimento do que é xusto.

Sinónimos

Antónimos

Refráns

  • A prudencia é nai da ciencia.
  • Deixa-Io certo polo dubidoso, non é proveitoso.
  • Máis vale onza de prudencia que ferrados de ciencia.
  • Onde hai clemencia hai prudencia.
  • Onde hai máis prudencia, ten que haber máis ciencia.
  • Onde hai prudencia e boa conciencia sobra a penitencia.
  • Onde hai prudencia e conciencia, non hai de que haber penitencia.