cautela

< lat cautēla lat cautu ‘cauto’
Plural: cautelas
  1. s f Actitude prudente ante un perigo probable.
  2. s f Precaución tomada para pasar desapercibido ou coidado que se pon ao levar a cabo algunha cousa.

Citas

  • Saíu da casa con tanta cautela que non nos decatamos
  • Se vas facer unha viaxe tan longa, ten moita cautela conducindo

Refráns

  • Tapa a túa casa, cando o cerralleiro pasa.
  • ¡Deus poña tento nas túas mans!