progresión

< lat progressĭōne
Plural: progresións
  1. s f Avance cara a adiante.
  2. MAT
    1. s f Sucesión de números a 1 ,a 2 ,a 3 ,...,a n , denominados termos, en que cada un deles está relacionado co anterior segundo unha lei simple.
    2. progresión aritmética Progresión en que cada termo, a k , é igual ao anterior a k-1 , máis unha cantidade constante d que se denomina diferenza ou razón da progresión.
    3. progresión xeométrica Progresión en que cada termo, a k , é igual ao anterior, a k-1 , multiplicado por unha cantidade constante r que se denomina razón da progresión.
  3. s f MÚS Sucesión simétrica de sons musicais segundo unha lei ou fórmula determinada.

Sinónimos