primitivo -va

< lat primitīvu
Plural: primitivos Masculino: primitivo Masculino plural: primitivos Feminino: primitiva Feminino plural: primitivas
  1. adx Relativo ou pertencente á orixe dunha cousa.
  2. adx Que non deriva de nada.
  3. adx Que se formou antigamente.
  4. adx Que está construído ou feito sen perfeccionamentos nin refinamentos.
  5. adx MAT
    1. Aplícase a cada un dos obxectos matemáticos iniciais que están caracterizados só polos axiomas dunha teoría matemática.
    2. Aplícase á función f tal que, dada unha función g, a derivada de f é g.
  6. cores primitivas FÍS Sete cores principais do espectro solar.
  7. estado primitivo ANTROP/CULT Sistema de integración política que se caracteriza pola presenza dunha forma especial de control, baseada na continua ameaza da forza por parte dun conxunto de persoas lexitimadas para usala.
  8. sociedades primitivas ANTROP/CULT Pobos ou grupos étnicos que non pertencen á civilización industrial occidental, segundo a teoría evolucionista.

Confrontacións