inicial

< lat initiāle
Plural: iniciais
  1. adx Que está ou se corresponde co inicio de algo.
  2. s f Primeira letra dun nome propio.
  3. s f GRÁF Letra que serve de inicio a un parágrafo, capítulo ou libro.
  4. s f BOT Célula embrionaria que, mediante divisións sucesivas, actúa como axente principal do crecemento dos órganos dos vexetais inferiores.

Citas

  • Leva as iniciais bordadas na camisa
  • Partiu cunha maior vantaxe inicial cós seus competidores, Está no curso inicial do bacharelato