primario -ria

< lat primarĭu
Plural: primarios Masculino: primario Masculino plural: primarios Feminino: primaria Feminino plural: primarias
  1. adx Que é o primeiro no tempo ou nunha gradación comezando polo grao inferior.
  2. adx Que é moi importante ou necesario.
  3. adx, s m ESTRATIG paleozoico.
  4. adx ASTRON Aplícase aos planetas propiamente ditos por oposición aos planetas secundarios ou satélites.
  5. adx ENX Aplícase ao circuíto dun transformador que recibe a potencia directamente da fonte de enerxía. Tm s m.
  6. adx QUÍM Aplícase aos átomos de carbono saturados que, nunha estrutura complexa de dous ou máis átomos de carbono, se atopan unidos unicamente a outro átomo de carbono.
  7. patrón primario QUÍM Substancia a partir da que se poden preparar disolucións de concentración exactamente coñecida, empregadas para valorar disolucións doutros reactivos.

Palabras veciñas