primate

< lat primāte
Plural: primates
  1. adx Relativo ou pertencente aos primates.
  2. s m ANIMAL Mamífero da orde dos primates.
  3. s m pl ANIMAL Orde de mamíferos placentarios, pentadáctilos, que presentan o polgar opoñible, ollos en posición dianteira e rabo, que cando existe, pode ser curto ou constituír un apéndice prénsil.