presión

< lat pressĭōne
Plural: presións
  1. s f Acción e efecto de oprimir ou apertar.
  2. s f
    1. Influencia que se exerce sobre algo ou alguén coa intención de modificar ou actuar sobre ela.
    2. SOCIOL Forza moral exercida por un grupo co establecemento dunhas normas de conduta e duns valores ideolóxicos, para manter unha cohesión e unha uniformidade que permitan un posterior control.
    1. s f Forza que se exerce perpendicularmente á unidade de superficie definida por P=F/S, onde P é a presión, F a forza e S a superficie. A unidade de presión no sistema internacional  é o N/m 2 (ou pascal).
    2. presión de vapor FÍS Presión que manifesta o vapor saturado dunha substancia en equilibrio coa fase líquida nun recinto pechado. OBS: Tamén se denomina tensión de vapor.
    3. presión hidrostática Forza que, por unidade de superficie, exerce unha columna de fluído dunha determinada altura.
    4. presión superficial Diferenza de presións exercidas sobre a superficie que separa dúas fases de contacto.
  3. FISIOL
    1. s f tensión.
    2. presión arterial Presión do sangue que circula dentro das arterias.
    3. presión oncótica Presión osmótica que ten lugar nas solucións coloidais.
  4. FÍS
    1. presión crítica Presión que corresponde ao punto crítico.
    2. presión parcial Presión que exerce cada un dos compoñentes dunha mestura de fluídos.
  5. presión atmosférica FÍS/METEOR Presión, medida en milibares, que exerce a atmosfera terrestre sobre os corpos que se atopan nela.
  6. presión demográfica DEMOG Relación entre o número de individuos dunha poboación e os recursos de que dispón.
  7. presión fiscal ECON Relación entre os impostos que foron recadados e a renda nacional ou o PNB dun país.