Influencia que se exerce sobre algo ou alguén coa intención de modificar ou actuar sobre ela.
SOCIOLForza moral exercida por un grupo co establecemento dunhas normas de conduta e duns valores ideolóxicos, para manter unha cohesión e unha uniformidade que permitan un posterior control.
sfForza que se exerce perpendicularmente á unidade de superficie definida por P=F/S, onde P é a presión, F a forza e S a superficie. A unidade de presión no sistema internacional é o N/m 2 (ou pascal).
presión de vaporFÍSPresión que manifesta o vapor saturado dunha substancia en equilibrio coa fase líquida nun recinto pechado. OBS: Tamén se denomina tensióndevapor.
presión hidrostáticaForza que, por unidade de superficie, exerce unha columna de fluído dunha determinada altura.
presión superficialDiferenza de presións exercidas sobre a superficie que separa dúas fases de contacto.
FISIOL
sftensión.
presión arterialPresión do sangue que circula dentro das arterias.
presión oncóticaPresión osmótica que ten lugar nas solucións coloidais.
FÍS
presión críticaPresión que corresponde ao punto crítico.
presión parcialPresión que exerce cada un dos compoñentes dunha mestura de fluídos.
presión atmosféricaFÍS/METEORPresión, medida en milibares, que exerce a atmosfera terrestre sobre os corpos que se atopan nela.
presión demográficaDEMOGRelación entre o número de individuos dunha poboación e os recursos de que dispón.
presión fiscalECONRelación entre os impostos que foron recadados e a renda nacional ou o PNB dun país.