smRecipiente de diversos materiais, alzado todo ao redor formando unha concavidade de pouca altura e de fondo plano, que se emprega para servir a comida.
smCada un dos dous recipientes da balanza, en que se colocan por un lado os pesos e por outro o obxecto que se quere pesar.
smObxecto que pola súa forma plana e redonda se asemella a un prato de comida.
smCantidade de alimento que cabe nun prato.
smCada unha das comidas que compoñen un menú.
smComida que se obtén ao mesturar, condimentar e cociñar os alimentos.
sm plInstrumento de percusión formado por dúas pezas de metal de forma circular, que se toca batendo un contra o outro.
smTECNOLNome dado a diversas pezas máis ou menos planas e de contorno circular que adoitan formar parte dalgún tipo de maquinaria.