prato

< lat v *plattu ‘plano’
Pliral: pratos
  1. s m Recipiente de diversos materiais, alzado todo ao redor formando unha concavidade de pouca altura e de fondo plano, que se emprega para servir a comida.
  2. s m Cada un dos dous recipientes da balanza, en que se colocan por un lado os pesos e por outro o obxecto que se quere pesar.
  3. s m Obxecto que pola súa forma plana e redonda se asemella a un prato de comida.
  4. s m Cantidade de alimento que cabe nun prato.
  5. s m Cada unha das comidas que compoñen un menú.
  6. s m Comida que se obtén ao mesturar, condimentar e cociñar os alimentos.
  7. s m pl Instrumento de percusión formado por dúas pezas de metal de forma circular, que se toca batendo un contra o outro.
  8. s m TECNOL Nome dado a diversas pezas máis ou menos planas e de contorno circular que adoitan formar parte dalgún tipo de maquinaria.