pranto

< lat planctu ‘lamentación’
Plural: prantos
  1. s m Choro persistente e queixoso.
  2. s m LIT Xénero poético derivado do planctus latino medieval, que consiste nun canto funerario que lamenta a morte dunha persoa.

Sinónimos

Refráns

  • Moitos van ao pranto, e cada un chora o seu crebanto.
  • Nin enterro sen pranto nin romaría sen santo.
  • O pranto nun enterro é como a gaita nun turreiro.

Palabras veciñas