prancha

< fr planche
Plural: pranchas
  1. s f Lámina dun material duro, especialmente de metal, con forma delgada, plana e de grosor homoxéneo.
  2. s f Placa de metal que se emprega para asar ou torrar os alimentos.
  3. s f DEP Postura horizontal do corpo no aire suxeitándose soamente coas dúas mans, ou ben sobre as costas ao flotar na auga.
  4. s f GRÁF Lámina metálica ou dalgunha resina plástica que se emprega como matriz nalgúns sistemas de impresión para facer copias.

Palabras veciñas