sfFacultade de facer algunha cousa ou de producir un efecto.
sfFILOSPoder ou capacidade que ten unha cousa para producir un cambio noutra ou para actuar sobre ela.
sfFILOSCapacidade que ten un ser para pasar dun estado a outro ou para converterse en algo novo.
potencia sexualFISIOLCapacidade de efectuar o acto sexual.
sf
Forza para impor a autoridade.
POLÍTCapacidade global dun estado, tendo en conta o seu papel económico-político-militar respecto dos outros estados.
sfFÍSEnerxía emitida na unidade de tempo por un corpo ao facer vibrar as moléculas do medio material que o envolve.
sfESTRATIGExtensión dun corpo de rocha tabular, xeralmente dun estrato, medido en sentido normal nos planos de estratificación inferior e superior.
sfFÍSRelación entre a enerxía E (ou traballo) que intercambia o sistema co exterior, e o tempo t que dura o intercambio, é dicir, P=E/t. A unidade de potencia no sistema internacional é o watt.
sfMATNome da constante k dunha inversión.
sfMATDados un número a, denominado base, e un número natural n, denominado expoñente, produto a n de n factores iguais a a, é dicir, a n =a·a·a...(n factores)...a.
sfFÍSInversa da distancia focal dun sistema óptico. A súa unidade é a dioptría.
ENX
factor de potenciaCociente, en corrente alterna, entre a potencia activa e a potencia aparente.
potencia activaPotencia media producida nun circuíto ou nunha máquina percorridos por unha corrente alterna.
potencia aparenteProduto, en corrente alterna, do valor eficaz da tensión polo da corrente. A unidade de medida é o voltampere.
potencia eléctricaPotencia producida ou absorbida por unha instalación, máquina ou aparato eléctrico. A unidade de potencia no sistema internacional é o watt.
TECNOL
potencia caloríficaCantidade de calor, expresada en calorías, fornecida por un aparato de calefacción durante unha hora de funcionamento normal.
potencia efectiva/no freoPotencia dun motor ou dunha máquina de vapor medida cun freo dinamométrico ou cun torsiómetro e que é a potencia dispoñible.
potencia específicaPotencia efectiva por unidade de peso.
potencia fiscal/de homologaciónPotencia determinada pola aplicación dunha fórmula convencional en que aparecen os valores do diámetro do cilindro, da carreira do pistón e do número de cilindros do motor.
potencia indicada/nominalPotencia desenvolvida polo fluído no cilindro dun motor, e que se calcula como a suma da potencia efectiva máis a potencia absorbida polas resistencias pasivas.
potencia instantáneaPotencia máxima que un motor pode desenvolver durante un período de tempo relativamente breve, a causa dunha sobrealimentación momentánea.
Citas
As rapaces teñen unha gran potencia visual, A potencia do vento levou o tellado