potencia

< lat potentĭa
Pliral: potencias
    1. s f Facultade de facer algunha cousa ou de producir un efecto.
    2. s f FILOS Poder ou capacidade que ten unha cousa para producir un cambio noutra ou para actuar sobre ela.
    3. s f FILOS Capacidade que ten un ser para pasar dun estado a outro ou para converterse en algo novo.
    4. potencia sexual FISIOL Capacidade de efectuar o acto sexual.
  1. s f
    1. Forza para impor a autoridade.
    2. POLÍT Capacidade global dun estado, tendo en conta o seu papel económico-político-militar respecto dos outros estados.
  2. s f FÍS Enerxía emitida na unidade de tempo por un corpo ao facer vibrar as moléculas do medio material que o envolve.
  3. s f ESTRATIG Extensión dun corpo de rocha tabular, xeralmente dun estrato, medido en sentido normal nos planos de estratificación inferior e superior.
  4. s f FÍS Relación entre a enerxía E (ou traballo) que intercambia o sistema co exterior, e o tempo t que dura o intercambio, é dicir, P=E/t. A unidade de potencia no sistema internacional é o watt.
  5. s f MAT Nome da constante k dunha inversión.
  6. s f MAT Dados un número a, denominado base, e un número natural n, denominado expoñente, produto a n de n factores iguais a a, é dicir, a n = a·a·a...(n factores)...a.
  7. s f FÍS Inversa da distancia focal dun sistema óptico. A súa unidade é a dioptría.
  8. ENX
    1. factor de potencia Cociente, en corrente alterna, entre a potencia activa e a potencia aparente.
    2. potencia activa Potencia media producida nun circuíto ou nunha máquina percorridos por unha corrente alterna.
    3. potencia aparente Produto, en corrente alterna, do valor eficaz da tensión polo da corrente. A unidade de medida é o voltampere.
    4. potencia eléctrica Potencia producida ou absorbida por unha instalación, máquina ou aparato eléctrico. A unidade de potencia no sistema internacional é o watt.
  9. TECNOL
    1. potencia calorífica Cantidade de calor, expresada en calorías, fornecida por un aparato de calefacción durante unha hora de funcionamento normal.
    2. potencia efectiva/no freo Potencia dun motor ou dunha máquina de vapor medida cun freo dinamométrico ou cun torsiómetro e que é a potencia dispoñible.
    3. potencia específica Potencia efectiva por unidade de peso.
    4. potencia fiscal/de homologación Potencia determinada pola aplicación dunha fórmula convencional en que aparecen os valores do diámetro do cilindro, da carreira do pistón e do número de cilindros do motor.
    5. potencia indicada/nominal Potencia desenvolvida polo fluído no cilindro dun motor, e que se calcula como a suma da potencia efectiva máis a potencia absorbida polas resistencias pasivas.
    6. potencia instantánea Potencia máxima que un motor pode desenvolver durante un período de tempo relativamente breve, a causa dunha sobrealimentación momentánea.

Citas

  • As rapaces teñen unha gran potencia visual, A potencia do vento levou o tellado