posibilismo

< posibilidade
Plural: posibilismos
  1. s m XEOG Teoría, oposta ao determinismo, que se ocupa das posibilidades que o contorno natural lle ofrece ao home, e que este, en certa medida, pode dispor del ao seu servizo.
  2. s m POLÍT Forma de oportunismo político dun partido ou dun particular que, conservando a fe nos propios principios ideolóxicos, está disposto a ceder nalgúns puntos do propio programa e a pactar con outros partidos ou correntes, a cambio de obter obxectivos parciais e inmediatos ou de manterse no poder.