porto

< lat pŏrtu
Plural: portos
    1. s m MAR/ENX Abrigo natural ou artificial, nunha costa ou á beira dun río, onde permanecen seguros os barcos e se poden efectuar as operacións de embarque e desembarque das persoas e mercadorías.
    2. s m Poboación á beira do mar ou dun río, con instalacións onde as naves poden ir cargar e descargar mercadorías.
    3. porto artificial / MAR/ENX Porto que presenta unha disposición natural modificada polo ser humano e no que se realizan obras exteriores de abrigo, como ampliación dun abeiro natural.
    4. porto comercial / MAR/ENX Porto que ofrece aos barcos as instalacións adecuadas para poder efectuar as operacións de embarque e desembarque en boas condicións.
    5. porto deportivo / MAR/ENX Porto que permite o abrigo de embarcacións deportivas ou de recreo.
    6. porto de refuxio / MAR/ENX Porto que serve para ofrecer abrigo ás embarcacións sorprendidas polo mal tempo no mar.
    7. porto natural MAR Porto que ofrece abeiro ás embarcacións pola mesma disposición natural da costa.
  1. s m Paso entre montañas que comunica as dúas vertentes.
  2. s m Lugar por onde se pode atravesar un río.
  3. s m FÍS Conxunto de entradas ou de saídas dun dispositivo electrónico complexo.
  4. porto paralelo INFORM Medio de conexión ao ordenador de dispositivos como a impresora ou o escáner onde a información se transfire de forma simultánea. OBS: Tamén se denomina porto de impresora.

Sinónimos

vao