smMAR/ENXAbrigo natural ou artificial, nunha costa ou á beira dun río, onde permanecen seguros os barcos e se poden efectuar as operacións de embarque e desembarque das persoas e mercadorías.
smPoboación á beira do mar ou dun río, con instalacións onde as naves poden ir cargar e descargar mercadorías.
porto artificial /MAR/ENXPorto que presenta unha disposición natural modificada polo ser humano e no que se realizan obras exteriores de abrigo, como ampliación dun abeiro natural.
porto comercial /MAR/ENXPorto que ofrece aos barcos as instalacións adecuadas para poder efectuar as operacións de embarque e desembarque en boas condicións.
porto deportivo /MAR/ENXPorto que permite o abrigo de embarcacións deportivas ou de recreo.
porto de refuxio /MAR/ENXPorto que serve para ofrecer abrigo ás embarcacións sorprendidas polo mal tempo no mar.
porto naturalMARPorto que ofrece abeiro ás embarcacións pola mesma disposición natural da costa.
smPaso entre montañas que comunica as dúas vertentes.
smLugar por onde se pode atravesar un río.
smFÍSConxunto de entradas ou de saídas dun dispositivo electrónico complexo.
porto paraleloINFORMMedio de conexión ao ordenador de dispositivos como a impresora ou o escáner onde a información se transfire de forma simultánea. OBS: Tamén se denomina portodeimpresora.