portador -ra

< lat portatōre
Plural: portadores Masculino: portador Masculino plural: portadores Feminino: portadora Feminino plural: portadoras
  1. adx Que porta algo. Tm s.
  2. s PAT Persoa ou organismo que contén un axente patóxeno en ausencia de enfermidade clínica e que pode actuar de fonte de infección nun momento dado.
  3. s DER/ECON Posuidor dun efecto público ou comercial que ao presentalo ten dereito ao seu cobro ou negociación como titular lexítimo.
  4. s m TECNOL/FÍS Electrón dun semicondutor que ocupa un determinado estado electrónico, que lle permite participar nos mecanismos de transporte.