portada

< porta
Plural: portadas
  1. s f
    1. Fachada principal de certos edificios.
    2. ARQUIT Obra de ornamentación que, para realzar a fachada principal de certos edificios suntuosos, se fai tomando como motivo o portal de entrada.
  2. s f PUBLIC
    1. Unha das primeiras páxinas dun libro en que figuran os datos fundamentais deste.
    2. Primeira plana dun xornal ou dunha revista.
  3. s f Porta grande que pecha a entrada do curral.
  4. s f Golpe forte dunha porta ao pecharse violentamente.