sfCONSTRObra de fábrica ou estrutura metálica ou doutro material, capaz de soportar cargas dinámicas, sobre a que unha vía de comunicación pode salvar un obstáculo ou crear outra vía de comunicación a nivel inferior.
ponte de campaña /CONSTR/BÉLConstrución sobre soportes fixos ou flotantes realizada polas tropas para facilitar o paso de unidades.
ponte internacionalDERPonte que serve de comunicación entre dous estados nunha zona fronteiriza.
ponte levadiza /CONSTR/BÉLConstrución que se usa nos castelos e fortalezas para atravesar o foxo.
sfMAR
Superestrutura máis elevada dun barco en que está o posto de comandancia e o cuarto do capitán.
Construción sobre a cuberta principal dun barco que permite a comunicación entre as diferentes superestruturas.
sfObxecto ou estrutura semellante á ponte pola súa forma ou función.
sfZOOLPorción de tecido que une dúas partes dun órgano.
sfMÚSPeza de madeira, propia do violín e outros instrumentos cordófonos, que serve para manter alzadas e separadas as cordas entre elas.
sfMEDPrótese dental que se emprega para suxeitar os dentes artificiais aos naturais.
ponte continentalESTRATIGConxunto de terras que constitúen unha ligazón entre dous continentes e permiten as migracións de animais terrestres dun continente a outro.
ponte de VarolioZOOLmesencéfalo.
ponte do péZOOLParte cóncava do centro da planta do pé.
sfDía entre semana que se considera festivo polo feito de quedaren entre dúas festas.
sfDEPExercicio ximnástico que consiste en dobrar o corpo cara a atrás, arqueándoo de xeito que descanse sobre os pés e as mans.
sfCousa que serve de unión entre algo ou alguén.
ponte aéreaAERONServizo de transporte aéreo intenso e regular entre dous lugares.
sfINFORMDispositivo que une dúas ou máis redes informáticas ou de telecomunicacións que utilizan o mesmo protocolo de comunicacións.
sfQUÍMalencia, átomo ou cadea non ramificada que une dúas partes diferentes dunha molécula.