ponte

< lat ponte
Pliral: pontes
    1. s f CONSTR Obra de fábrica ou estrutura metálica ou doutro material, capaz de soportar cargas dinámicas, sobre a que unha vía de comunicación pode salvar un obstáculo ou crear outra vía de comunicación a nivel inferior.
    2. ponte de campaña / CONSTR/BÉL Construción sobre soportes fixos ou flotantes realizada polas tropas para facilitar o paso de unidades.
    3. ponte internacional DER Ponte que serve de comunicación entre dous estados nunha zona fronteiriza.
    4. ponte levadiza / CONSTR/BÉL Construción que se usa nos castelos e fortalezas para atravesar o foxo.
  1. s f MAR
    1. Superestrutura máis elevada dun barco en que está o posto de comandancia e o cuarto do capitán.
    2. Construción sobre a cuberta principal dun barco que permite a comunicación entre as diferentes superestruturas.
    1. s f Obxecto ou estrutura semellante á ponte pola súa forma ou función.
    2. s f ZOOL Porción de tecido que une dúas partes dun órgano.
    3. s f MÚS Peza de madeira, propia do violín e outros instrumentos cordófonos, que serve para manter alzadas e separadas as cordas entre elas.
    4. s f MED Prótese dental que se emprega para suxeitar os dentes artificiais aos naturais.
    5. ponte continental ESTRATIG Conxunto de terras que constitúen unha ligazón entre dous continentes e permiten as migracións de animais terrestres dun continente a outro.
    6. ponte de Varolio ZOOL mesencéfalo.
    7. ponte do pé ZOOL Parte cóncava do centro da planta do pé.
  2. s f Día entre semana que se considera festivo polo feito de quedaren entre dúas festas.
  3. s f DEP Exercicio ximnástico que consiste en dobrar o corpo cara a atrás, arqueándoo de xeito que descanse sobre os pés e as mans.
    1. s f Cousa que serve de unión entre algo ou alguén.
    2. ponte aérea AERON Servizo de transporte aéreo intenso e regular entre dous lugares.
  4. s f INFORM Dispositivo que une dúas ou máis redes informáticas ou de telecomunicacións que utilizan o mesmo protocolo de comunicacións.
  5. s f QUÍM alencia, átomo ou cadea non ramificada que une dúas partes diferentes dunha molécula.

Citas

  • Fixo de ponte entre o pai e o fillo
  • Na ponte de maio foron a Portugal