polo

< lat polu gr πόλος
Plural: polos
  1. s m MAT
    1. Extremo do eixe de revolución dunha esfera ou de calquera superficie de revolución.
    2. Orixe dun sistema de coordenadas polares.
  2. BIOL
    1. s m Extremo oposto dunha célula, un órgano ou un organismo.
    2. polo animal Punto da superficie do cigoto máis próximo ao núcleo e que sinala un dos dous extremos de distribución gradual de substancias.
    3. polo vexetativo Extremo da superficie do cigoto máis afastado do núcleo e cargado de vitelina para a posterior nutrición do embrión.
  3. ASTRON
    1. s m Punto en que o eixe de rotación dun astro corta a superficie deste.
    2. polo celeste Punto en que o eixe de rotación da Terra corta a esfera celeste.
  4. s m ENX Borne ou terminal dun xerador, máquina ou aparato eléctrico que, segundo a súa polaridade, pode ser positivo ou negativo.
  5. XEOG
    1. s m Punto en que o eixe de rotación da Terra corta a superficie desta. OBS: Tamén se denomina polo terrestre.
    2. polo magnético terrestre Punto da esfera terrestre situado nas rexións polares ao que se dirixe de xeito natural unha agulla imantada, e onde se mantén vertical se é suspendida libremente.
  6. MAT Punto x 0 en que unha función f(x) tende ao infinito.
  7. s m FÍS/IND Punto de intersección do eixe instantáneo de rotación dun sólido co seu elipsoide de inercia.
  8. polo de crecemento XEOG Área xeográfica escollida para o asentamento industrial, que ten que reunir unha serie de condicións favorables para mellorar o desenvolvemento económico da zona.
  9. polo de desenvolvemento ECON Consideración prioritaria que se dá a certas zonas ou rexións para favorecer nelas o desenvolvemento e reducir as diferenzas entre as que teñen taxas de crecemento moi desiguais.
  10. polo de iluminación ASTRON Punto da esfera terrestre cunhas coordenadas xeográficas que teñen os mesmos valores que as coordenadas horarias dun astro.
  11. polo magnético FÍS Punto situado cara ao extremo dun imán, do que se pode supoñer que produce o campo magnético.

Palabras veciñas