Extremo do eixe de revolución dunha esfera ou de calquera superficie de revolución.
Orixe dun sistema de coordenadas polares.
BIOL
smExtremo oposto dunha célula, un órgano ou un organismo.
polo animalPunto da superficie do cigoto máis próximo ao núcleo e que sinala un dos dous extremos de distribución gradual de substancias.
polo vexetativoExtremo da superficie do cigoto máis afastado do núcleo e cargado de vitelina para a posterior nutrición do embrión.
ASTRON
smPunto en que o eixe de rotación dun astro corta a superficie deste.
polo celestePunto en que o eixe de rotación da Terra corta a esfera celeste.
smENXBorne ou terminal dun xerador, máquina ou aparato eléctrico que, segundo a súa polaridade, pode ser positivo ou negativo.
XEOG
smPunto en que o eixe de rotación da Terra corta a superficie desta. OBS: Tamén se denomina poloterrestre.
polo magnético terrestrePunto da esfera terrestre situado nas rexións polares ao que se dirixe de xeito natural unha agulla imantada, e onde se mantén vertical se é suspendida libremente.
MATPunto x 0 en que unha función f(x) tende ao infinito.
smFÍS/INDPunto de intersección do eixe instantáneo de rotación dun sólido co seu elipsoide de inercia.
polo de crecementoXEOGÁrea xeográfica escollida para o asentamento industrial, que ten que reunir unha serie de condicións favorables para mellorar o desenvolvemento económico da zona.
polo de desenvolvementoECONConsideración prioritaria que se dá a certas zonas ou rexións para favorecer nelas o desenvolvemento e reducir as diferenzas entre as que teñen taxas de crecemento moi desiguais.
polo de iluminaciónASTRONPunto da esfera terrestre cunhas coordenadas xeográficas que teñen os mesmos valores que as coordenadas horarias dun astro.
polo magnéticoFÍSPunto situado cara ao extremo dun imán, do que se pode supoñer que produce o campo magnético.