política

< gr πολιτικ ή ‘o goberno da cidade’
Plural: políticas
    1. s f POLÍT Conxunto de actividades teóricas e prácticas referentes ás relacións entre os cidadáns dunha mesma colectividade ou entre diferentes colectividades.
    2. política agrícola común ECON Conxunto de obxectivos, instrumentos e accións da UE a favor do desenvolvemento dos sectores agrario, forestal e pesqueiro e da organización do mercado interior europeo nos seus produtos.
    3. política económica ECON Acción pública exercida sobre a economía para alcanzar uns obxectivos que poden ser de moi diverso tipo.
  1. s f
    1. Maneira de actuar ou de conducir un asunto.
    2. Habilidade no trato coas persoas.

Refráns

  • Alá van leis onde queren reis.
  • Deus fai reis; e os homes, leis.
  • Fágase o ben e fágao quen quixer.
  • Fágase o milagre, anque o faga o diaño.
  • O que cala, non di nada.
  • Vivamos todos, que a vida e a terra para iso é de todos.