sfPOLÍTConxunto de actividades teóricas e prácticas referentes ás relacións entre os cidadáns dunha mesma colectividade ou entre diferentes colectividades.
política agrícola comúnECONConxunto de obxectivos, instrumentos e accións da UE a favor do desenvolvemento dos sectores agrario, forestal e pesqueiro e da organización do mercado interior europeo nos seus produtos.
política económicaECONAcción pública exercida sobre a economía para alcanzar uns obxectivos que poden ser de moi diverso tipo.
sf
Maneira de actuar ou de conducir un asunto.
Habilidade no trato coas persoas.
Refranes
Alá van leis onde queren reis.
Deus fai reis; e os homes, leis.
Fágase o ben e fágao quen quixer.
Fágase o milagre, anque o faga o diaño.
O que cala, non di nada.
Vivamos todos, que a vida e a terra para iso é de todos.