poldro -dra

Plural: poldros Masculino: poldro Masculino plural: poldros Feminino: poldra Feminino plural: poldras
  1. s Cabalo ou egua que aínda non mudou os dentes.
  2. s m DEP Aparato de ximnasia para facer saltos, que consiste nunha peza cuadrangular sostida por catro patas que se poden graduar a diferentes alturas.
  3. s m HIST Cabalete de madeira en que se suxeitaba aos reos para sometelos a certas torturas.

Refráns

  • Agora, que ten poldro, parece outro.
  • Can, de can vello; e poldro, de cabalo novo.
  • O poldro, primeiro de outro.
  • Onde poldros nacen, eguas pacen.

Formas incorrectas

potro -tra

Palabras veciñas