polbo

< lat polypu gr πολύπους
Plural: polbos
  1. s m ANIMAL Molusco octópodo da familia dos octopódidos, que son animais bentónicos, lixeiros cando reptan sobre os seus brazos cazadores e ambulatorios.
  2. polbo cabezudo ANIMAL Polbo de cor grisáceo, cunha soa ringleira de ventosas nos tentáculos e a cabeza máis grande que o común.
  3. polbo común ANIMAL Polbo con dúas ringleiras de ventosas nos tentáculos. Habita en recunchos rochosos e aliméntase de crustáceos e peixes que atrapa cos seus tentáculos e mata co seu pico córneo. O terceiro tentáculo está modificado como órgano copulador.

Refráns

  • O polbeiro, pouco diñeiro.

Formas incorrectas

pulpo