polaridade

< polar
Plural: polaridades
  1. s f BIOL
    1. Propiedade que presentan as membranas celulares, as células, os órganos e os seres vivos de orientar unha parte da súa actividade nun sentido ou de presentar dous ou máis polos opostos de significación fisiolóxica e morfolóxica diferente.
    2. Distribución polar das substancias celulares no oocito que se atopa en desenvolvemento avanzado, e posteriormente no ovo, na blástula e no embrión.
  2. s f TECNOL/FÍS Propiedade que permite distinguir o polo positivo do negativo e comparar o potencial dun punto co dos polos.
  3. s f QUÍM/FÍS Propiedade dun enlace, un átomo ou unha molécula, en virtude da que existe unha separación estable das cargas positivas e negativas.