polar

< 2 polo
Plural: polares
  1. adx Relativo ou pertencente ao polo.
  2. adx Situado nun polo ou preto dun polo.
    1. adx Aplícase aos enlaces, moléculas ou medios que presentan polaridade.
    2. disolvente polar QUÍM Medio constituído por moléculas polares e que se caracteriza por unha constante dieléctrica elevada.
    3. enlace polar QUÍM Enlace covalente entre dous elementos de diferente electronegatividade.
  3. coordenadas polares MAT Sistema de coordenadas definido no plano, que vén dado polas funcións raio vector (r), que é a distancia á orixe, e o argumento ou ángulo polar (ϑ), que é o ángulo respecto a unha dirección prefixada.
  4. diagrama polar AERON Gráfico ou diagrama que relaciona os coeficientes de sustentación e resistencia aerodinámicas dun perfil aerodinámico para cada valor do seu ángulo de ataque.
  5. eixe polar XEOL/FÍS Eixe de rotación cos extremos diferentes, que presenta a propiedade de que o fenómeno que ten lugar nun deles non se repite no outro.
  6. réxime polar CLIMAT Réxime que se caracteriza polas baixas temperaturas anuais, só durante tres ou catro meses ao ano as temperaturas medias son superiores aos cero graos.