poder

Plural: poderes
    1. s m Facultade ou capacidade para facer unha cousa.
    2. s m Forza ou vigor de algo ou alguén.
    3. s m Capacidade ou eficacia que ten algo.
    4. poder absorbente FÍS coeficiente de absorción.
    5. poder calórico ALIM Cantidade de calorías producidas no organismo por unidade de peso dun alimento.
    6. poder calorífico FÍS Cantidade de calor que libera unha unidade de masa, ou de volume se é un gas, dun combustible nunha combustión completa. Exprésase en quilocalorías por quilo ou en m 3 normal se é un gas.
    7. poder de definición / IMAX/TECNOL Capacidade dun obxectivo para reproducir os detalles dunha imaxe.
    8. poder de transmisión FÍS transmisividade.
    9. poder emisivo FÍS emisividade.
    10. poder polarizante QUÍM Capacidade dun ión de provocar a polarización dun ión de signo contrario.
    11. poder redutor ALIM Capacidade redutora das substancias, especialmente dalgúns azucres.
    12. poder resolutivo/de resolución/ separador FÍS Característica dun sistema óptico que determina a distancia mínima que ten que haber entre dous puntos para que, ao observalos a través do sistema, poidan verse separados.
    13. poder rotatorio FÍS Xiro angular que experimenta o plano de polarización da luz ao atravesar esta a unidade de grosor dunha substancia opticamente activa.
    1. s m Capacidade de influír sobre algo ou alguén.
    2. s m ECON Dominio dunha persoa, un grupo ou un país sobre os bens e servizos de consumo ou sobre os factores produtivos.
    3. poder adquisitivo ECON Cantidade de bens ou servizos que se poden adquirir cunha certa cantidade de diñeiro. Flutúa inversamente ás variacións dos prezos dos bens.
    4. poder temporal PO POLÍT Poder civil ou político, en oposición ao poder espiritual.
    1. s m DER/POLÍT Goberno dun estado.
    2. s m DER/POLÍT Conxunto de funcións da Administración Pública dispostas para ditar, executar e interpretar leis, dirixir a administración do benestar público e soster a orde pública. Nos países democráticos estableceuse a división entre poder lexislativo, poder executivo e poder xudicial.
    3. s m DER/POLÍT Conxunto de forzas dun estado, especialmente as militares.
    4. poder espiritual RELIX Autoridade relixiosa ou eclesiástica que rexe os asuntos da vida relixiosa e da conciencia.
    5. poder temporal RELIX Poder civil exercido pola autoridade eclesiástica, sobre todo polos papas, sobre un territorio.
  1. DER
    1. s m Instrumento ou acta en que consta este dereito.
    2. matrimonio por poderes Matrimonio contraído no que unha das partes ou ambas as dúas celebran o acto público contractual por medio dun apoderado.
    3. s m pl Capacidade xurídica, outorgada por un mandato, legalmente escriturada, para poder actuar en nome e a favor doutra persoa.

Frases feitas

  • A poder de loc prep Con insistencia e esforzo. Ex: Conseguiu o que ten a poder de traballo.