poder

< lat potēre
  1. v t Ser capaz ou hábil para facer unha cousa.
  2. v t Ter permiso ou dereito para realizar algo.
  3. v t Ter a forza física necesaria para facer algo.
  4. v i Ser posible que suceda ou ocorra algunha cousa.
  5. v i Ser capaz de vencer a algo ou a alguén.
  6. v i Ter influencias ou dominio sobre algo ou alguén.

Citas

  • A ver se lle podo, aínda que é moi forte
  • Chegou ao poder tras gañar as eleccións
  • Non podía ir, tíñao prohibido
  • Non podo resolver ese problema
  • Non teño poder sobre ela para convencela
  • O país foi sometido ao poder dos invasores, Ten poder para contratar a quen queira, As probas están en poder da policía
  • O teu avó aínda ten poder para levar ao lombo o saco de patacas, O poder do vento levantou o tellado
  • Pode moito neses círculos económicos
  • Puido con todos os libros dunha vez

Frases feitas

  • Non poder con. Non ser capaz de dominar algo ou a algu
  • Pode/Poida que. Indica posibilidade ou d
  • Poder + inf Per

Refráns

  • A máis non poder, déitase Pedro coa súa muller.
  • Non todos podemos o que queremos.
  • O que non pode un, pódeno moitos.
  • O que non pode, sempre quere.
  • O que pode e non quere, cando queira, non poderá.
  • Pode ben pouco o que non ameaza a outro.
  • Quen máis non pode cos dentes acode.
  • Quen máis non pode, co seu mal morreo
  • Quen pode e non quere, cando quere non pode.
  • Quen pode o máis, pode o menos.
  • Quen pode, ao muiño vai e moe.
  • Quen pode, puxa e o que non pode, tarruxa.
  • Quen pode, puxa.
  • Quen pode, puxa; e o que non, tarruxa.
  • Se non podes o que queres, fai o que puideres; se puideres, fai o que quixeres e, se non, fai o que puideres.
Verbo: poder
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

podo

podes

pode

podemos

podedes

poden

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

podía

podías

podía

podiamos

podiades

podían

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

puiden

puideches

puido

puidemos

puidestes

puideron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

puidera

puideras

puidera

puideramos

puiderades

puideran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

poderei

poderás

poderá

poderemos

poderedes

poderán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

podería

poderías

podería

poderiamos

poderiades

poderían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

poida

poidas

poida

poidamos

poidades

poidan

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

puidese

puideses

puidese

puidesemos

puidesedes

puidesen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

puider

puideres

puider

puidermos

puiderdes

puideren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

pode

-

-

podede

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

poder

poderes

poder

podermos

poderdes

poderen

Xerundio

podendo

Participio

podido

podida

podidos

podidas