Ir ao contido principal
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Selector de idioma
Galego
Castellano
Pechar o selector de idioma
Participa
Outros recursos
O dicionario
Galego
Castellano
Participa
Outros recursos
O dicionario
Abrir/pechar menú
Características
Abreviaturas
Apéndice gramatical
Créditos
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Definicións
Sinónimos
Conxugador
Refráns
Buscar termo
Opcións avanzadas
Palabra completa
Comeza por
Contén
Remata en
En toda a entrada
Idioma
Seleccione un idioma
Inglés
Castelán
Francés
Italiano
Buscar termo
Buscar termo
Buscar termo
pobreza
Escoitar
< pobre
Plural:
pobrezas
s
f
Calidade de pobre.
s
f
Escaseza ou insuficiencia de algo.
s
f
RELIX
irtude moral que ordena a conduta humana en relación aos bens deste mundo, e que pode esixir o desprendemento material voluntario, seguindo o espírito da primitiva comunidade de Xerusalén.
Antónimos
riqueza
Citas
Saíron da pobreza con moito esforzo, A pobreza dunha lingua soluciónase lendo maís
Refráns
. A necesidade é mestra.
a can fraco todo é carrachas.
A carto vai a libra de vaca, o que non a ten non a cata.
A codia dura o dente aguza.
A Coresma e a cadea para os pobres parecen feitas.
A falchoca do pobre, con todo pode.
A necesidade e a loucura adoitan andar xuntas.
A necesidade fai o home matinar e traxinar.
A necesidade mete a vella en camiño.
A necesidade obriga ao que o home non maxina.
A ovella do pobre no maio morreo
A ovella fraca non lle faltan carrachas.
A ovella fraca nunca lle falta sama.
a pobre que non ten casa vive sempre na rúa.
A pobreza fai ao home estar en tristeza.
A pobreza non é vileza, pero non deixa erguer a cabeza.
A pobreza non quita virtude nin pon a riqueza, mais é causa t;le quitala ou poñela.
A pobreza nunca ergue a cabeza.
a que ha ser pobre nunca rico morreo
a que non ten boi nin vaca, toda a noite ara.
a que non ten padriño, afórcano.
A sorte do pobre é andar a pedir.
ande non hai fariña nin relón, todos roñan e todos teñen razón.
Antes pobreza que vileza.
Ben seguro dorme o que nada ten.
Bo vestido e limpeza non anda coa pobreza.
Cada pobre goberna a súa casa como pode.
Cada pobre gobérnase como pode.
Cando a vella ten diñeiro, non ten carne o carniceiro.
Cando non tiña, tranquilo durmía e agora, que teño, durmo con medo.
Cando o pobre ten diñeiro, non ten carne o carniceiro.
Carne sen óso non é para pobres.
Chórame e chórame, mais non me chores pobre.
Chove, chove na casa do pobre.
Detrás do pobre sempre anda o diaño armado coa fouce.
Duro é non ter que comer pero máis duro é ter que morrer.
E cousa de pobres andar a pedir.
É cousa de pobres andar sempre a pedir.
É unha boa empanada a vida do que non ten nada.
En pobre morada nin tizón nin brasa.
Entre dous que ben se queren, con soilo un que coma, abonda.
Home pobre con pouco se alegra e socorre.
Home pobre moi pobre pasará fame pero non morreo
Home pobre todo é mañas.
Máis inventa un pobre que cen avogados.
Máis vale pouco e ben gañado, que moito e mal logrado.
Máis vale ser pobre na terra que rico no mar.
Máis vale vivir mal e honrado, que vivir ben e deshonrado.
Máis vale.pan con amor que galiña con dor.
Mellor é pobreza con boa fama, que riqueza con mala.
Na casa baleira todo é laceira.
Na casa do pobre todas son pingueiras.
Na casa do pobre todos rifan e todos teñen razón.
Na casa onde non hai pan, non pode haber paz.
Na casa onde non hai qué comer, todos están tristes e non saben por que.
Na miña terra quen non ten que comer nin xanta nin cea.
Na moita ne.cesidade
Na moita necesidade di o amigo a verdade.
Na necesidade nace a amistade.
Na necesidade próbanse os amigos.
Nada ten que perder quen nada ten de seu.
Nin te abata a pobreza nin a riqueza te ensoberbeza.
Ninguén morre tan pobre, que máis pobre non nacese.
Ninguén vive tan pobre como naceu.
Non é pobre o que pouco ten, senón o que moito quer.
Non é pobre o que ten pouco, senón o que cobiza moito.
Non é pobre senón o que se ten por pobre.
Non hai mal máis verdadeiro có de non ter diñeiro.
Non hai mellor mestra que a necesidade e a pobreza.
Non hai ninguén tan pobre que, ao morrer, non lle sobre.
Non hai peor mal que moitos fillos e pouco pan.
Non hai virtude nin bondade que non corrompa a pobreza e a necesidade.
Non peca de gula o que non ten fartura.
Non pode pecar de gula que n nunca tivo fartura.
O home pobre con pouco se compón.
O home pobre todo son mañas: ás veces boas e ás veces malas.
Ó pobre aflixido non lle deas máis ruído.
Ó pobre con pouco se alegra.
O pobre e o muíño andando gañan.
O pobre gobérnase como pode.
Ó pobre pouco ben o socorre.
O pobre que pide pan, come carne, se lla dan.
Ó pobre, o sol o come.
O que non ten camisa aforra lavandeira.
O que non ten máis que unha sortella, non sabe en que dedo a poña.
Ó que non ten, media cazola lle abonda.
Ó que non ten, o corpo llo paga.
Ó que non ten, o rei faino libre.
Onde non hai fariña todo é morriña.
Para a necesidade non hai lei.
Para o pobre sempre chove.
Para o pobre sempre é noite.
Pobre á festa convidado, tira a barriga de mal ano.
Pobre porfiado non se vai sen un chavo.
Pódese estar na pobreza e andar con limpeza.
presta máis unha sardiña con gusto, que unha galiña con disgusto.
Que chova, que neve, estoume na cama; non hai mellor riqueza cá de non ter nada.
Quen diñeiro non ten que cobrar, moitas voltas ten que dar.
Quen na corte se criou, sempre a esterco ha de cheirar.
Quen nace para pobre tarde ou nunca chega a rico.
Quen nada ten e nada desexa é o máis rico da terra.
Quen non ten non é tido.
Quen pobreza ten, dos seus parentes fai desdén.
Quen pouco ten, pouco pode.
Quen precisa diñeiro vende ás veces a bulsa e o pelexo.
Quen ten pobreza non ergue a cabeza.
Regalo de pobre, mercede pide.
Tras do pobre sempre anda o demo coa fouce.
Vale máis dicir: ¡Pobre del! que ¡Pobre de minI
Vivir ben, comer ben e beber ben, non é para quen non ten.
Vivir, servir e pedir fan os homes sufrir.
Xa que hoxe non ceo, dácame acá o pandeiro.
Palabras veciñas
poboar
pobre
pobrense
pobreza
poceira
poceiro -ra
poción