sfLámina ríxida de metal, madeira ou plástico, xeralmente destinada a ser aplicada sobre unha superficie plana.
sfCONSTREstrutura, xeralmente de formigón armado, ou doutros materiais, que cobre unha superficie ou que serve de base para outra estrutura ou construción.
sfcontrachapado.
sfIMAXLámina de vidro recuberta, nunha das súas caras, dunha emulsión fotosensible que serve para obter probas fotográficas negativas.
sfTECNOL/MÚSDisco de gramófono.
placa calefactoraQUÍMCalefactor para quentar recipientes, que consiste nunha prancha quente por resistencias eléctricas ou por gas.
placa de cocción/de fogosTECNOLCociña con fogóns integrados sobre unha placa metálica, de pouco grosor, que se introduce dentro dunha abertura practicada nun mármore ou nun moble, de xeito que constitúe xunto con el unha superficie case continua.
placa reflectoraTRANSPElemento da sinalización vertical de vías, que consiste nunha placa que brilla moito cando se ilumina por unha fonte de luz.
placa solarTECNOLPanel formado por células fotovoltaicas de silicio, que transforman a luz en electricidade.
sfAnaco de calquera material que leva escrita ou gravada unha inscrición.
sfInsignia identificativa.
placa de estadoTRANSPLámina metálica ou papel adhesivo de forma oval e de cor branca, na que consta a sigla e o estado en que foi matriculado o vehículo automóbil, segundo un convenio internacional, e que adoita colocarse na parte traseira do vehículo.
placa de matrículaTRANSPPlaca onde figura o número de matrícula dun automóbil.
sfZona diferente do resto dunha superficie.
placa de PeyerANATConxunto de folículos que se agrupan na parte oposta ao mesenterio do intestino delgado.
placa ecuatorialBIOLDisposición dos cromosomas durante a metafase da mitose, ou da meiose, cando se atopan todos nun mesmo plano do ecuador do fuso acromático.
placa terminalFISIOLExpansión discoide plana da terminación dunha fibra nerviosa motora no tecido muscular.
sfZOOLFormación plana de material duro que forma parte do exoesqueleto ou dermatoesqueleto dalgúns animais.
placa madrepóricaZOOLPlaca do dermatoesqueleto dos equinodermos, que se sitúa en posición dorsal, perforada por onde entra a auga que enche o sistema ambulacral.
placa neuralBIOLExpansión plana do tecido neural, na rexión dorsal da gástrula, que constitúe o primeiro rudimento do sistema nervioso dos vertebrados.
placa neuromotoraFISIOLFormación complexa en que o axón dunha neurona motriz establece un contacto sináptico cunha célula dunha fibra de músculo estriado.
sfPROTISTAPeza que forma parte da teca dos dinoflaxelados.
sfFÍS
Electrodo dun condensador ou dun acumulador.
Ánodo dun tubo electrónico.
placa de cultivoMICROBRecipiente cilíndrico, de vidro ou de plástico, de pouca altura e base ancha, que se emprega en técnicas de cultivo de microorganismos e en probas de laboratorio.OBS: Tamén se denomina placadePetri.
placa litosféricaXEOLCasquete esférico en forma de bloque en que se divide a litosfera. As principais placas litosféricas son: Eurasiática, Africana, Americana, Indoaustraliana, Antártica e do Pacífico.