pi

< gr πι
Plural: pis
  1. s m Nome da decimosexta letra do alfabeto grego
  2. s m Letra grega que equivale como signo numérico a 80 (π’) ou a 80.000 (,π).
  3. s m MAT Letra grega adoptada para representar a razón constante que existe entre a lonxitude da circunferencia e o seu diámetro. É un número irracional e intranscendente e os seus primeiros decimais son π = 3,14159.
  4. s m MAT Símbolo empregado para designar un produto.
  5. QUÍM/FÍS
    1. electrón π Electrón que ocupa un orbital π.
    2. enlace π Enlace constituído por orbitais π enlazados.
    3. orbital π Tipo de orbital molecular caracterizado polo feito de posuír simetría binaria respecto ao eixe de enlace.