peto

< petar
Plural: petos
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos pícidos, que ten plumas caudais co extremo aguzado e o raque ríxido e que se alimentan de insectos e larvas que extraen das fendas da cortiza das árbores.
  2. peto formigueiro ANIMAL/ORNIT Peto de rabo longo e arredondado, bico curto, recto e puntiagudo, patas moi curtas con dous dedos diante e dous detrás e a plumaxe gris con raias negras, amarelas e terrosas.
  3. peto real ANIMAL/ORNIT Peto de cor branca e negra con partes vermellas debaixo da cola, e no curuto da cabeza só os machos.
  4. peto verdeal ANIMAL/ORNIT Peto de cor verde coa parte superior da cabeza vermella e cincenta a inferior.

Sinónimos