smANIMAL/ORNITAve da familia dos pícidos, que ten plumas caudais co extremo aguzado e o raque ríxido e que se alimentan de insectos e larvas que extraen das fendas da cortiza das árbores.
peto formigueiroANIMAL/ORNITPeto de rabo longo e arredondado, bico curto, recto e puntiagudo, patas moi curtas con dous dedos diante e dous detrás e a plumaxe gris con raias negras, amarelas e terrosas.
peto realANIMAL/ORNITPeto de cor branca e negra con partes vermellas debaixo da cola, e no curuto da cabeza só os machos.
peto verdealANIMAL/ORNITPeto de cor verde coa parte superior da cabeza vermella e cincenta a inferior.